top of page

AXUDAS DE LIBROS


OBXETO
Axudas para adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario de alumnos de primaria, ESO, e educación especial de centros sostidos con fondos públicos de Galicia curso 2013-2014.
REQUISITOS
a) Ser pai, nai ou titor ou titora legal de alumnados das características anteriormente sinaladas e non repetir curso neste ano académico excepto os e as alumnos/as de 1º e 2º de primaria que si poden repetir.
b) b) Para primaria e ESO ter unha renda percápita familiar igual ou menor a 9.000€.


LUGAR DE SOLICITUDE
As solicitudes entregaranse no centro docente na que esta matriculado o alumno ou alumna facendo unha solicitude por alumno/a e será solicitada polo pai, nai, titor ou titora legal.


PRAZO DE PRESENTACIÓN

a) Primaria e educación especial: entre o 3 de xuño e o 3 de xullo de 2013 ambos inclusive.
b) ESO en prazo ordinario: entre 25 de xuño e 26 de xullo de 2013 ambos inclusive.
c) ESO en prazo extraordinario: entre o 2 de setembro e 2 de outubro de 2013 ambos inclusive.
d) Novas incorporacións ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados: sempre que non veña dun centro sostido con fondos públicos de Galicia e, como máximo, un mes a partir do día seguinte da formalización da matrícula e sempre antes do 1 de marzo de 2014.
e) Unha vez feita o centro a tramitación o sistema permitiralle xerar un vale que lle entregará á persoa solicitante.
f) Si despois de 3 meses do día seguinte á presentación da solicitude o sistema non permite ao centro xerar tal vale entenderase desestimada a solicitude.


SOLICITUDE
Obterase no enderezo
https://sede.xunta.es, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou descargándose en https://www.edu.xunta.es.
A solicitude entregarase xunto á documentación necesaria relacionada nesta orden.


CONTÍA DAS AXUDAS

Educación primaria:
• Familias monoparentaris:
- Renda percápita familiar ata 6000€: 170€
- Renda percápita familiar desde 6000,01 ata 9000: 90€
• Resto das famlias:
- Renda per cápita familiar ata 5400€: 170€
- Renda per cápita familiar desde 5400,01 ata 9000: 90€
Educación Secundaria Obrigatoria:
• Familias monoparentais:
- Renda percápita familiar ata 6000€: 180€
- Renda percápita familiar desde 6000,01€ ata 9000€: 104€
• Resto das familias:
- Renda percápita familiar ata 5400€: 180€
- Renda percápita familiar desde 5400,01€ ata 9000€: 104€
As axudas serán sempre por cada un dos alumnos ou alumnas que teñan dereito.
Educación especial:
• Matriculados/as en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios así como aqueles/as alumnos/as que presenten unha discapacidade igual ou superior ao 65%: 250€ con independencia da renda percápita.


RENDA PERCÁPITA POR FAMILIA

A renda percápita por familia obtense dividindo a renda familiar entre o número de membros da unidade computables.
Computarán por dous os membros da unidade familiar con discapacidade iguao ou superior ao 33% ou pensión de incapacidade permanente tanto de Reximen Xeral como de clases pasivas.
No caso de violencia de xénero queda excluido do cómputo de rendas o a´gresor, considerándose a familia como monoparental para determinar a renda percápita.
Terase en conta o exercicio fiscal 2011 tendo en conta os fillos nacidos, adoptados ou acollidos despois desta data.


UNIDADE FAMILIAR

Conforman a unidade familiar:
• Pais ou nais, non separados legalmente, titor ou titora ou persoa encargada da garda e protección do menor.
• Fillos ou fillas non emancipados menores de idade.
• Fillos ou fillas solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar.
En caso de non existir vínculo matrimonial a unidade familiar estará formada por pai, nai e todos os descendentes que convivan con eles e reunan os requisitos anteriores.


ADQUISICIÓN DE TODO O MATERIAL
Unha vez que a persoa solicitante estea en posesión do vale, poderá adquirir os libros e material escolar no correspondente establecemento, á súa libre escolla e polo importe máximo que figura no documento.
O solicitante nunca deberá asinar e entregar o vale antes da recepción do material.
Os vales deberán ser entregados nas librarías o antes posible e o prazo remata o día 7 de abril de 2014.


COMPATIBILIDADE DAS AXUDAS

Serán compatibles con calquera outra axuda coa mesma finalidade sempre que as axudas concorrentes non superen o custo dos libros e materiais subvencionados.

bottom of page