top of page

Suspendida a folga do comercio de alimentación da provincia de Pontevedra.

Alcanzouse un acordo na negociación do conven​io de comercio de alimentación da provincia de Pontevedra, o que propiciou a interrupción da folga.

Nunha xornada de negociación mentres se levaba a cabo a xornada de folga, as representacións empresarial e sindical (CCOO, CIG e UGT) chegamos ao seguinte acordo:

• Vixencia para os anos 2012, 2013, 2014 e 2015.

• Cláusula de ultraactividade que garante a continuidade do   convenio cando remate a súa vixencia e mentres non se      asine outro que o substitúa.

• Incremento salarial: 2012, sen incremento; 2013, o 0,25 %;   2014, o 1 % e 2015, o 1 %.

A Federación de Servizos Privados e a Unión Comarcal de CCOO de Pontevedra instan a Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias a manter as condicións da concesión do servizo de limpeza do cárcere da Lama, pois prevese recortar a prestación do servizo un 50% a partir do vindeiro 1 de xuño.



Na actualidade, a empresa concesionaria, Lincamar, conta con catro traballadoras que realizan unha xornada semanal de 30 h, así como un traballador que dedica 10 h. Se se confirman as pretensións de Institucións Penitenciarias, estas persoas verían minguada a xornada e o salario á metade.



CCOO considera que non hai ningunha diminución do traballo de limpeza, polo que o sindicato sospeita que se pretenda utilizar persoal recluso para realizar esta tarefa. Se fose o caso, o sindicato oporase: para Comisións Obreiras, os programas de reinserción «non teñen nada que ver» coa suplantación de emprego, e mesmo podería darse unha «fraude á seguridade social».

• Limítase a antigüidade a un máximo de 7 cuadrienios, ao 6 % cada un.

• Recuperación das vacacións non gozadas por encontrarse en situación de baixa por IT.
• Reserva de posto de traballo para as excedencias por coidado de fillos e de persoas dependentes.
• Posibilidade de acumulación da lactación en 20 días naturais.

Deste acordo queremos destacar a conservación da antigüidade no convenio e, sobre todo, a inclusión da cláusula de ultraactividade, que vai supoñer a eliminación dun dos principais prexuízos que a reforma laboral ocasionou   á negociación colectiva.


 

CCOO denuncia un recorte do 50% no servizo de limpeza do cárcere da Lama.

CCOO denuncia un retraso inaceptable no pagamento das prestacións do FOGASA

Este retraso na provincia de Pontevedra non é a característica común das delegacions provinciais do FOGASA, e nalgúns casos, como Bizkaia o abono da prestación realizase no prazo de mes e medio dende que se fai a solicitude da prestación, polo que supón unha discriminación que non ten ningunha xustificación razoable.
A provincia de Pontevedra é unha das mais afectadas pola crise, e polo tanto son moitos os traballadores que teñen que acudir ao FOGASA para que lles abone as débedas salariais ou de indemnización por despedimento por insolvencia das súas empresas. Para ilustrar o anterior, só hai que considerar que, a pesar dos ditos retrasos, o FOGASA realizou no ano 2012 na provincia de Pontevedra ordes de pagamento por importe de 30.800.000 euros.
Chegados a este punto, os atrasos na tramitación dos expedientes (ademais do prexuízo ocasinado polos atrasos), pode causar danos irreparables para os traballadores/as afectadas, posto que pasado o ano dende a presentación da solicitude, se houber algún erro na tramitación, non se pode subsanar, e polo tanto ponse en perigo o cobro da propia prestación.
A Unión Comarcal de CCOO de Pontevedra esixe que a Administración central poña solución a este grave problema e que proceda de inmediato a incrementar o plantel da delegación do FOGASA en Pontevedra mediante un plan de choque que posibilite a tramitación rápida dos expedientes. Non é de recibo que por riba de perder o posto de traballo se tarde tanto tempo en cobrar a prestación.      
CCOO solicitoulle ao subdelegado do Goberno unha reunión para abordar esta cuestión, e esperamos que dita reunión teña lugar con urxencia, ante a gravidade do problema.
Ademais trasladaremos a UGT e a CIG a posta de práctica de medidas unitarias para dar solución a actual situación de inxustiza e discriminación dos traballadores/as de Pontevedra.

CC.OO. rexeita a supresión de trens de media distancia en RENFE.

CCOO denuncia o total desmantelamento do tren convencional de viaxeiros en Galicia.CCOO denuncia o trato discriminatorio de Galicia con respecto a outras comunidades. En Galicia suprímense 94 servizos á semana e péchanse 30 estacións, (ademaís das 25 que xa está pechadas), pero aínda están pendentes de definir os servizos de Feve e Avant, cun perigo certo de mais reducións e peche nos próximos meses. CCOO rexeita a política de desmantelamento e demanda do Goberno Central e da Xunta de Galicia a mellora dos servizos.

Dende CCOO demandamos do Goberno galego unha aposta decidida polo ferrocarril como medio de transporte intra-comunitario respectuoso co medio, seguro, como medio de cohesión social e territorial e como un elemento decisivo no desenvolvemento económico das distintas bisbarras. A Xunta de Galicia debe esixir ao Goberno do Estado, non só que non se supriman servizos nin se pechen estacións, senón todo o contrario, débense aumentar os servizos e as paradas para rematar cos agravios comparativos con outras comunidades do litoral con redes de cercanías ferroviarias. A Xunta incumpre todo o seu programa electoral en materia ferroviaria. A única actuación nesta materia foi pedir a Renfe a creación da Xerencia de Cercanías de Galicia. O que fixo Renfe foi cambiarlle o nome á Xerencia de Media Distancia. Agora temos unha Xerencia de Cercanías de Galicia sen Cercanías, e por non ter non ten nin Xerente.    


CCOO está a elaborar o estudo FASE (Ferrocarril Alternativo e Social en España), que propoñerá á empresa medidas para un ferrocarril da cidadanía, coma a realización d un exhaustivo Plan de viabilidade destas e outras relacións, actuar vía produto, poñendo en circulación trens con racionalización de prazas onde sexa necesario, actuar vía prezos definindo gamas máis adaptadas a distintos segmentos (xubilados, xóvenes, familias, escolares, grupos, etc.), adaptando frecuencias horarias ás verdadeiras necesidades dos usuarios, realización de campañas exhaustivas de uso do ferrocarril público, e en xeral, investir no fomento do uso do tren nas súas distintas modalidades.


Por iso, CCOO seguirá opoñéndose á estratexia do peche de servizos e tal vez, no seu momento, de seguir así, de liñas férreas, coas conseguintes consecuencias sobre a articulación territorial, sobre a calidade do transporte, o incremento do tráfico rodado por estrada, coa correspondente inseguridade e risco.

FSC-CCOO presenta alegacións ao anteproxeto da reforma da Administración Local.

 

O sindicato entende que a reforma que propón o Goberno supón un verdadeiro pran de axuste con destrución de milleiros de postos de traballo ea supresión de os correspondentes servizos públicos, sin información ni evaluación do impato real tanto na efetiva prestación, extensión e calidade dlos servizos públicos, como no emprego asalariado afectado.

Aprobada a proposta de formación na Administración Local.

A Comisión de Emprego, Formación Goberno local aprobou a proposta o 13 de marzo de acordo con plans de formación para o persoal que traballa nos distintos gobernos locais.



Esta comisión está composta por políticos de concellos e provinciais e membros dos sindicatos máis representativos do sector, sendo CC.OO.  un dos que conta con máis representación. Na reunión celebrada o 13 de marzo, na sede da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), en Madrid, aprobou por unanimidade a proposta de resolución que ofrece subvencións para a actividade de formación de persoal das entidades locais que recollen os plans de 16 federacións de municipios de comunidades autónomas é as correspondentes a 78 plans agrupados é 144 unitarios.

Aínda que se conta, unha vez máis, con unha gran contribución para a modernización do goberno local, a través da formación do seu persoal, a Federación de Servizos do Cidadán (FSC) CCOO expresa incomodidade pola reducción do financiamento da formación do sector público que fai que o empobrecemento en calidade e cantidade. CC.OO. tamén recoñece o traballo realizado desde a comisión do FEMP ea transparencia e avaliación da calidade dos plans todo ano para obter resultados moi obxectivas na distribución de recursos.

 

CC.OO. asinará o convenio colectivo da empresa CESPA-PONTEVEDRA, tras ser ratificado na asemblea polos/as traballadores/as o preacordo acadado na reunión do pasado mercoles, é deste xeito se remata a negociación do comité coa dirección da empresa, é actualizase as condicións laborais de uns 130 operarios. CESPA e a empresa concesionaria do servizo municipal de recolleita de lixos do concello de PONTEVEDRA, . 

O acordo laboral ten unha vixencia de dous anos (2012 e 2013) e recolle senllas subidas salariales: do 0,5% máis 200 euros lineales para o primeiro exercicio e do 0,6% e outros 200 euros lineales máis para este ano. A empresa comprométese a pagar os atrasos de 2012 como moi tarde na nómina de xuño.



O novo convenio se blinda contra a ultraactividad.

 

Os/as traballadores/as de Cespa ratifican o preacordo do convenio.

A Audiencia Nacional recoñece o dereito dos/as

funcionarios/as a compartir o permiso por lactancia.

O Xulgado Central do Contencioso Administrativo número 11 estimou o recurso que presentou un funcionario da Policía ao que non se lle permitiu compartir coa súa esposa, tamén funcionaria, o periodo de lactancia dos seus fillos mellizos.


O xuíz, na súa sentenza, rexeita o "criterio restrictivo" da Administración e asume as razóns do recurrente, ao interpretar que o dereito ao permiso de lactancia "non é exclusivo da nai, de maneira que sexa esta a única titular e que, como tal, pode cedelo, senón que o dereito corresponde como titulares indistintos a ambos proxenitores".


Ademais, baseándose en sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, o xuíz recorda que tanto a Lei de Igualdade como o Estatuto do Empregado Público teñen como fin facilitar claramente a conciliación da vida familiar. Ao seu xuízo, non hai ningún impedimento para que, "comezado a ser exercido por un dos progenitores non poida selo polo outro ata o cumprimento do prazo máximo do permiso que non é cedido, senón que é ostentado en concepto de titular", sempre que se leve a cabo de forma sucesiva e non simultánea. Por este motivo, impuxéronse as costas procesales á Administración.

Segundo informou a Audiencia Nacional, a nai, xuíz en exercicio, solicitou á Administración un permiso de lactancia de 5 semans e renunciou ás tres semanas restantes a favor do seu marido, funcionario de Policía. Con todo, a Administración denegó o permiso ao pai. En aplicación do art. 48.1. f do Estatuto do Empregado Público interpretou, conforme ao criterio habitual da Administración, que ese permiso non se pode compartir cando ambos progenitores traballen porque o ten que gozar un ou outro. O pai recorreu invocando a Lei Orgánica 3/2007 ("Lei de Igualdade") e reclamando unha interpretación das normas de acordo coa realidade social e o tempo no que han de ser aplicadas.

A Sección Sindical de CC.OO. no Concello de Pontevedra presentóu unha proposta de moción, para aprobar no Pleno,  rexeitando o anteproxeto de Lei para a racionalización e sostenibilidade da administración local.

O pasado día 08 de abril de 2013, no marco da campaña en defensa da autonomía

das administracións locais, CC.OO. no Concello de Pontevedra, presentou escrito

no rexistro xeneral do Concello de Pontevedra, no que se PROPÓN ao Pleno do

Concello de Pontevedra a aprobación dun escrito rexeitando o anteproyecto de Lei

para a racionalización e sostenibilidade da administración local.

Novo número da Gaceta Sindical, adicado ao Día Internacional da Saúde e Seguridade no Traballo.

 

Unha xornada reivindicativa e de loita na que CCOO quere denunciar as terribles consecuencias que sobre a saúde laboral, a prevención de riscos e as condicións de traballo están tendo a reforma laboral e os recortes impostos polo Goberno do PP; así como a actitude dos empresarios ao non considerar prioritarias os investimentos en prevención.

Reuniuse por primeira vez tras o X Congreso, O Consello dá Unión Comarcal de CC.OO. de Pontevedra.

Na xuntanza, celebrada hoxe, 29 de abril, no Pazo de Congresos dá Xunqueira, aprobouse por unanimidade o informe do Secretario Xeral e Comisión Executiva, no que se analiza a situación sindical na comarca ao tempo que se perfilan os obxetivos e plans de traballo para os próximos meses, priorizando basicamente, na afiliación e na protección dos dereitos dos/as traballadores/as.

Foi xenelarizado o chamamento a participación no 1º de maio e na folga prevista para ó 9 de maio no ámbito do ensino.

No interno, o Consello foi informado dos orzamentos para o ano 2013, dá situación orgánica dás federacións e sindicatos comarcais na sede de Pontevedra, do comezo dá campaña de confección dá declaración dá renda para afiliados/as e dá publicación en liña dá paxina wed dá Unión Comarcal de CC.OO. de Pontevedra: http://ccooconcellopont.wix.com/ccoo-pontevedra
Aprobouse unha resolución sobre os despedimentos en FECOHT e ratificáronse os/as dous representantes dá Unión de Pontevedra no Consello Nacional de CC.OO. de Galicia, correspondendo a Xosé Luís García Pedrosa, en calidade de Secretario Xeral e María Teresa Lage Lestón.

O Sector de Administración Local de CCOO de Andalucía desvelaba fai uns días unha das grandes razóns que oculta o anteproxeto de Lei para a racionalización e sostenimento das administracións locais, cando publicou o estudo que demostraba a falsedade de que a débeda dos concellos menores de 20.000 habitantes era moi elevada e os facia ineficaces.

O Tribunal Supremo exime aos/as traballadores/as de abonar as taxas nos recursos.

Tamén os/as beneficiarios/as da Seguridade Social, funcionarios/as o sindicatos que recorran en súplica ou casación na Orde Social.
____________________________________________________________________________________________________________________________________

A Sala do Social do Tribunal Supremo adoptou nun pleno non jurisdiccional un acuerdo sobre as taxas na Orde Social con motivo das múltiples dúbidas xurdidas nos órganos jurisdiccionales trala entrada en vigor da Lei de Taxas e a súa posterior modificación polo Real Decreto-Lei 3/2013. A este respecto, segundo informa o Poder Xudicial, a Sala Cuarta (do Social) do Tribunal Supre-mo, en Pleno non jurisdiccional celebrado o pasado 5 de xuño acordou:
1) Para a tramitación dos recursos de suplicación e casación non son exixibles taxas ao traballador/a, nin ao beneficiario/a da Seguridade Social, nin ao funcionario/a o persoal estatutario, que interpoñan recursos de suplicación o de casación na Orde Social, nin sequera respecto de recursos interpostos con anterioridad ao Real Decreto-Lei 3/2013.
2) Tampouco son exixibles as Taxas aos sindicatos para a interposición de recursos de suplicación nin de casación, xa unificadora, xa ordinaria, ante a Jurisdicción Social, nin sequera respecto de recursos interpostos con anterioridad ao Real Decreto-Lei 3/2013.


O acordo que se achega, ten por finalidade fixar unhas pautas interpretativas que sirvan de guía aos diversos órganos jurisdiccionales da Orde Social.

Xuíces e Xuízas para a Democracia critica nun vídeo as políticas de Gallardón.

_____________________________________________________________________

É a primeira vez que unha asociación xudicial elabora un vídeo para difundilo aos medios de comunicación e redes socias.

Sentenza 491/12 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 7 de Valencia sobre goce de vacacións interrompidas de forma xustificada.

________________________________________________________

O fallo recoñece o dereito da funcionaria a interromper o periodo

de vacacións no momento de inicio da súa situación de incapacidade

temporal. O goce do periodo restante tralo alta médica, segue sendo

o seu dereito aínda cando transcorra o periodo legalmente sinalado

para iso, o ano natural o, no suposto de autos, o 15 de xaneiro do ano seguinte.

bottom of page