112.752 persoas víronse afectadas por un ERE no primeiro trimestre de 2013. _____________________________________________________________________________________________________________________________________
Madrid 29 de maio de 2013. Durante os tres primeiros meses
de 2013, autorizáronse/comunicaron á Administración un
total de 8.415 expedientes, que afectaron a 112.752 persoas.
Destes, pactáronse 7.861 (93,4% do total) que afectaron a un
total de 97.891 persoas, pola contra, non se pactaron 554
(6,6% do total), que afectaron a 14.861 persoas.
Os expedientes autorizados/comunicados rexistrados no mes
de marzo de 2.013 (2.679), en relación cos que se rexistraron
no mesmo mes do ano anterior (3.498), diminúen nun 23,4%.
Si comparamos os datos totais co mesmo período do 2012,
os ERE autorizados/comunicados aumentan nun 2,1%; sendo
un 5,9% o aumento rexistrado nos expedientes de extinción de
contratos, do 13,8% nos procesos que conllevan medidas de redución de xornada, mentres que pola contra, prodúcese un descenso do 7,7% nos procedementos que contemplan a suspensión temporal de contratos.
Os ERE nos que se alegaron causas económicas,
en concreto, baixo o epígrafe "aplicación de
medidas económicas", supoñen o 71% do total,
e experimentan un notable incremento (64,4%)
pasando dos 3.647 procesos rexistrados nos tres
primeiros meses de 2012, a 5.996 en idéntico
período de 2013, o que supón que 7 de cada 10
ERE presentados durante o primeiro trimestre
deste ano, se fundamentan en motivos económicos.
O número de persoas afectadas por ERE
autorizados/comunicados durante estes tres
meses foi de 112.752, o que supón un crecemento
do 4,1% con respecto ao volume de afectados rexistrado no mesmo período do ano anterior.
O 52,6% das persoas afectadas por un ERE durante neste primeiro trimestre de 2013, pertencen a empresas do sector industrial (59.303); o 37,9% a empresas de Servizos (42.753); o 8,8% a empresas de Construción (9.922), e o 0,7% a empresas que desenvolven a súa actividade no Sector Agrario (774).
Nos tres primeiros meses de 2013, 86.941 homes e 26.261 mulleres víronse afectados por un ERE, o que sobre o total de persoas afectadas (112.752), supoñen unhas porcentaxes do 76,7% e 23,3% respectivamente. Si comparamos estes datos con respecto ao mesmo período de 2012, a porcentaxe de mulleres aumenta nun 16,5% cando se trata de expedientes de extinción do contrato; un 14,6% totaliza o incremento de afectadas por medidas de suspensión temporal de contratos. Así mesmo crecen nun 13,5%, o número de afectadas por expedientes de redución de xornada.
Atendendo ao número de persoas, no primeiro trimestre de 2013, o País Vasco foi a Comunidade máis afectada por procesos de ERE, seguida da Madrid, Comunidade Valenciana, Castilla e León, Asturias, Galicia, Andalucía, e Aragón cun total de 90.020 procesos, o que supón o 79,8% do total. As Comunidades que han ter un maior número de expedientes, foron a Comunidade Valenciana, seguida do País Vasco, Castilla e León, Andalucía, Galicia, Madrid, Aragón e Castilla a Mancha, con 6.537 afectados, o que supón o 77,6% sobre o total de procesos rexistrados

