O Secretario Xeral de CC.OO. DE PONTEVEDRA ESTARÁ NO MÁXIMO ÓRGANO DE DIRECCION DO SINDICATO NO ESTADO.
Xosé Luis García Pedrosa de CC.OO. de
Pontevedra formará parte do Consello Confederal
de CC.OO., despois de que o Consello do S.N. de
CC.OO. de Galicia elexise ós 3 representantes de
Galicia en dito Consello Confederal.
O Consello Confederal é o máximo órgano de
dirección de CC.OO., entre o período dos Congresos
é está integrado por 174membros: 14 pola Comisión
Executiva Confederal, 80 membros en representación
das Federacións Estatais e 80 membros en
representación das Comunidades Autónomas. Se reúne tres veces ao ano, ao menos, con carácter ordinario e, con carácter extraordinario, cada vez que o solicite un terzo dos integrantes do propio consello.
O Consello Confederal ten funcións e competencias esenciais para o funcionamento de CC.OO., entre outras as de aprobar anualmente os orzamentos da Comisión Executiva Confederal de gastos e ingresos. Aprobar anualmente os plans de traballo confederais e os balances de actividade.
A primeira reunión do Consello Confederal terá lugar na sede de CCOO de Madrid e na mesma debatese o Informe, presentado polo Secretario xeral, Ignacio Fernández Toxo, e asómesmo aprobarase o cambio de denominación de varias organizacións territoriais e federativas.
A U.C, de CC.OO. de Pontevedra valora positivamente a incorporación de García Pedrosa ó Consello Confederal, xa que isto nos permitirá participar no debate e na toma de decisión dos asuntos mais transcendentes para os traballadores e traballadoras.
