top of page

A Sección Sindical de CC.OO. no Concello de Pontevedra presentóu unha proposta de moción para aprobar no Pleno,  rexeitando o anteproxeto de Lei para a racionalización e sostenibilidade da administración local. 

​ 

​

O pasado día 08 de abril de 2013, no marco da campaña en defensa da autonomía das 

administracións locais, CC.OO. no Concello de Pontevedra, presenta escrito no rexistro

xeneral do Concello de Pontevedra, no que se PROPÓN ao Pleno do Concello de Pontevedra

que adopte os seguintes ACORDOS:
Primeiro. - Rexeitar totalmente o anteproxecto de Lei para la Racionalización e

Sostenibilidade da Administración Local presentada polo Ministro de Facenda

e Administracións Públicas do Goberno Español polo que supón de vulneración

da autonomía local, das competencias que o Estatuto otorga á Comunidade

Autónoma de Galicia, e de intento de recentralización do modelo de Administración Local.
Segundo.- Esixir ao goberno central que non se extralimite nas súas competencias e

non vulnere a competencia do goberno da Comunidade Autónoma,  sobre a organización

territorial eo réxime local, dado que e esta a que a de propor, deliberar e acordar modelos

territoriais e competencias que fagan que a arquitectura institucional responda á realidade

da Comunidade Autónoma.
Terceiro. - Instar ao Goberno da Xunta de Galicia a defender firmemente as competencias

que lle otorga o Estatuto en materia de réxime local e expresar o apoio explícito do Concello

de Pontevedra,  en todas aquelas medidas necesarias a emprender para exercer esta defensa.
Cuarto. – Instar ao Goberno Central a que  convoque unha mesa  de diálogo  para abrir un

proceso de negociación cos axentes sociais e políticos para reorientar a reforma da lei

de Bases de Réxime Local, para impulsar unha política de servizos que están próximos á

cidadanía, ea vez que non signifique o desmantelamento das Administracións Locais.
Quinto.- Afrontar a necesidade de fortalecer as Administracións Locais e os servizos públicos como garantes de dereitos e cohesión social nuns momentos en que case o 30% da poboación parada xa non recibe ningún tipo de prestación nin subsidio por desemprego.
Sexto. - Instar aos Gobernos de Estado xunto ao Goberno das distintas CCAA,  na elaboración dun novo marco de financiación para as AA.LL., máis xusto, máis eficaz e máis eficiente ao servizo das políticas locais.
Sétimo.  - Reclamar ao goberno central que retire a proposta de anteproxecto de lei, que invade e vulnera as competencias dos entes locais e que, polo contrario, cumpra co pago das apartacións económicas establecidas nas diferentes Leis, regulamentos e sentencias que afectan ao desenvolvemento das competencias dos entes locais, especialmente, en materia social e educativa.
Oitavo. - Comunicar estes acordos ao Goberno de España, á Xunta de Galicia, aos grupos parlamentarios del Parlamento de Galicia, aos grupos parlamentarios do Congreso dos Deputados, á FEGAMP e á FEMP.
Noveno.- Publicar dito acordo nos medios de comunicación.
Nese escrito se expoñía que:
O Estado Español hoxe vive inmerso nunha profunda crise económica que ten as súas causas na quebra do sistema financieiro. Unha das consecuencias máis duras que ten esta gravísima situación que atravesa a nosa economía e a destrución de emprego, que xa ten chegado a cotas históricas en España e están afectando gravemente aos elementos fundamentais do noso modelo de estado do benestar.
A aplicación de recortes orzamentarios na educación e na sanidade públicas, así como a redución radical do gasto social que da cobertura, principalmente, á  poboación máis humilde e a aqueles que perderon o seu traballo, está ampliando a brecha social, ameazando seriamente a cohesión social no noso país.
Neste contexto de elevadísima taxa de desemprego, recortes de servizos públicos e presión sobre as condicións de traballo  engádese que no Consello de Ministros do día 15 de febreiro de 2013 presentouse un Informe do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas sobre o Anteproxecto de Lei para a Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local.
Este documento, manifesta ter o obxectivo de racionalizar a administración local e conseguir un suposto aforro económico, contempla medidas que afectan á autonomía local, significan a intervención dos entes locais, modificando e vulnerando o actual modelo territorial así como as competencias das Administracións Locais.
Neste contexto, con  unha elevadísima perda de emprego na Administración Local,   recortes de servizos públicos e presión sobre as condicións de traballo, engádese este intento de perda de autonomía dos Entes locais que significará  un  retroceso en materia de servizos á cidadanía así como de dereitos e condicións laborais dos/as traballadores/as públicos.
Esta reforma  basease exclusivamente na "Lei de estabilidade orzamentaria e sostenibilidade financeira sen ter en conta os principios de autonomía e de subsidiariedade, ignorando as necesidades da cidadanía e os niveis de calidade, eficacia e eficiencia dos servizos que prestan hoxe os Concellos.
Vulnerase o estatuto de autonomía de Galicia dado que este anteproxecto,  ditamina que corresponde o goberno Autónomo a competencia exclusiva en materia de réxime local, este anteproxecto supón unha invasión nas competencias da Comunidade Autónoma.
Ademais, o Anteproxecto de Lei para la Racionalización y Sostenibilidade  da Administración Local non prevé ningunha mellora na financiamento das facendas locais, a gran sinatura pendente do noso modelo territorial. Ao contrario, o obxectivo final do goberno do Estado e recentralizar e controlar ao máximo os concellos, limitando a capacidade de acción dos mesmos, converténdoos en meros executores da vontade do goberno central.
Traspasar competencias dos concellos ás Deputacións aloxan o centro de decisión do cidadán. E o concello quen coñece mellor as carencias e necesidades da súa comunidade e quen pode prestar máis eficientemente os servizos que a cidadanía precisa. A proximidade significa eficiencia e dificilmente unha Corporación supramunicipal poderá substituír o coñecemento da problemática local e a sensibilidade dun concello.
Estamos ante unha proposta que xenerará desequilibrios territoriais e sociais importantes comportando graves discriminacións entre administracións pero tamén entre a cidadanía, coa existencia de cidadanía de primeira e cidadanía de segunda atendendo ao lugar de residencia.
Tendo en conta a diversidade de cada territorio e as peculiaridades de cada poboación a fixación duns costes standard para os servizos que prestan as administracións locais co obxectivo de evaluar  a súa eficiencia, comportará, sen dúbida, falta de rigor e situacións de tratamento desigual, e incluso inxusto, en moitos concellos.
Así mesmo as  Deputacións, a administración supramunicipal que da apoio ao mundo local das comarcas, será controlada directamente nos servizos que presta no territorio polo propio Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e pasará a ser un mero apéndice deste.
A proposta do goberno central a quen realmente perxudicará será ao conxunto da cidadanía que verá afectado os seus dereitos ao acceso público dos servizos e as súas garantías recollidas no ordenamento legal vixente..
CC.OO. entende que é necesario facer un debate serio, profundo e publico, do que vai a supoñer a reforma das administracións locais pola a vía do decreto-lei, polo que instamos a Corporación do concello de Pontevedra a que debatan no seo do órgano de maior representatividade que e o pleno da Corporación o futuro das administración locais é rexeiten totalmente o anteproxecto de Lei para la Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local presentada polo Ministro de Facenda e Administracións Públicas do Goberno Español polo que supón de vulneración da autonomía local, das competencias que o Estatuto otorga á Comunidade Autónoma de Galicia, e de intento de recentralización do modelo de Administración Local.

bottom of page