Clece (servizo de axuda a domicilio do concello de Pontevedra) obrigada a transformar os contratos temporais en indefinidos.
Pontevedra, a 18 de febreiro de 2014.
Trála denuncia efectuada por CC.OO. na Inspección de Traballo, CLECE ten o prazo de 1 mes para a tranformación dos contratos temporales de obra ou servizo determinado en contratos indefinidos, de tódalas traballadoras contratadas no ano 2009 e 2010.
Este requerimento da Inspección de Traba-
llo supón que mais de 30 traballadoras de
Axuda a Domicilio do concello de Ponteve-
dra, que foron subrogadas da Cruz Verme-
lla van a ganar mais estabilidade no seu
posto de traballo, despois de que CC.OO.
intentase negociar coa empresa esta trans-
formación de contratos, e á empresa non
atendese a nosa reivindicación.
Ademais, a Inspección de Traballo corrobora
que o Convenio Colectivo de aplicación ás
traballadoras do sector é o II Convenio
Colectivo para a actividade de axuda a domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia, que mantén a súa vixencia por sentencia do TSX de Galicia, e non o IV Convenio Marco Estatal de Servicios a personas dependentes, que fixa unhas retribucions mais baixas que o Convenio galego.Esto supón que CLECE vai a ter que abonar os atrasos correspondentes as traballadoras de axuda a domicilio do Concello de Pontevedra. .
Asdo: Xosé Luis García Pedrosa. Secretario xeral CC.OO. Pontevedra.
