top of page

CC.OO. EN DEFENSA DOS SERVIZOS MUNICIPAIS E DO EMPREGO.

A entrada en vigor, o pasado 31 de decembro da Lei 7/2013, de racionalización e sostenibilidade da Administración Local, establece un novo marco legal que xenera notables perxuizos, tanto para a cidadanía como para o personal das entidades locais, polas seguintes razons:

 

En primeiro lugar, consolida o obxetivo de limitar aos Concellos

no desenvolvemento de competencias e prestación de servizos,

eliminandolles o lexitimo dereito a mellorar as condicions de vida

dos seus veciños, á administración mais cercana á cidadanía. Esto

provoca unha recentralización na prestación de servizos no Estado,

as CC.AA. e as Deputacions, a quenes se lles concede a tutela

 financieira ( e política ) das competencias, e se lles faculta a delegar

ou non, pero sempre en condicions restrictivas. “ Casualmente”

esas competencias coinciden coas políticas sociais. Resulta tan

complicado e dificultoso poñer en marcha este obxetivo, que a propia

Lei de Reforma establece prazos longos ( 5 anos para a educación e

ata o 31.12.15 para os servizos sociais), e quedan condicionadas ao

sistema de financiación autonómica que está pendente de negociar

e/ou aprobar, e noutros casos xenera un vacio sin resposta,

para os mal chamados “ servizos distintos aos propios”. Outra

“casualidade” é deixar parte da súa aplicación para despois das eleccions municipais.

 

En segundo lugar, a Reforma converte aos plans económicos-financieiros nunha auténtica trampa, na que una vez que entre unha entidade local, verá condicionada a súa financiación e quedará obrigada a eliminar servizos e competencias, a liquidar entes e organismos locais e a correspondente aplicación de EREs ( coa única posibilidade de despedimentos colectivos), ou plans de emprego   (para reducción de plantillas). Ao anterior hai que engadir o establecemento do coste efectivo dos servizos, que será definido nunha Orde Ministerial, e que pretende ser un sistema de “uniformidade” para definir a financiación das entidades locais, “castigar” aos concellos de menos de 20.000 habitantes, respecto aos costes das Deputacions, e condicionar a financiación das CC.AA. En terceiro lugar, a Lei establece a obriga do redimensionamento do Sector Público Local, co obxetivo de evitar gasto, e polo tanto, co efecto práctico conseguinte de supresión de servizos aos veciños

 

E por último, ainda que en lugar prioritario, está o gran obxetivo desta Reforma, que non é outro que a aposta decidida pola xestión privada das competencias e os servizos municipais, coas seguintes medidas: Eliminase a prohibición de privatizar as funcions relacionadas co exercicio da autoridade. Condicionase a xestión de servizos en réxime de monopolio e o desenvolvemento de actividades económicas, ao informe preceptivo da autoridade na materia de competencia. Dificultase e poñense todo tipo de trabas a xestión pública, namentras non se establecen controles, nin requisitos específicos para privatizar, mais aló do que establece a lexislación sobre contratación pública.

 

Para CC.OO., esta Reforma, lonxe de ordenar e rentabilizar os recursos públicos para garantir a prestación de servizos, soio provoca a perda de dereitos da cidadanía, afectando gravemente as políticas de cobertura das necesidades básicas, acentuando e multiplicando os conflictos laborais e sociais, namentras se desvian fondos públicos para xenerar beneficios ao sector privado, a quen se lle entrega un novo nicho de negocio.

 

Resulta decepcionante que esta reforma non conteña nin unha soia medida que garantice a suficiencia financieira da Administración Local, e resulta absolutamente sospeitoso que non se estableza ningunha medida para frenar e prevenir o verdadeiro cancro que rodea ás entidades locais: a corrupción vencellada aos métodos que utilizan sectores da iniciativa privada para conseguir a xestiónde fondos, competencias, servizos e potestades públicas.

 

Por elo CC.OO. vai a desenvolver a acción sindical precisa para que a Xunta de Galicia e as Deputacions orienten as suas competencias e desenvolvemento territorial a prestación de servizos a traverso dos Concellos, como administración mais próxima á cidadanía. Para trata de correxir, en parte, os efectos mais nocivos da Reforma Local, CC.OO. esixe a convocatoria dunha Mesa de Nrgociación urxente coa Xunta de Galicia, a FEGAMP e os Sindicatos representativos.

bottom of page