CONCENTRACIÓN DIANTE DA ESCOLA NAVAL DE MARÍN.
Marín 15/7/2013. CC.OO. de Pontevedra concentrouse hoxe diante
da Escola Naval de Marín para protestar polo despedimento de tres
traballadoras que prestaban servicio como limpadoras, e que non
foron subrogadas pola empresa CLEANET cando se produceu o
cambio da concesionaria do servizo. A concentración non púidose
realizar diante da entrada principal do recinto militar por orde da
subdelegación do goberno, e tivo lugar a varios metros da escola
Naval, nun claro afán por evitar unha protesta laboral a un día da
presenza de distintas autoridades no recnto castrense.
CC.OO. estima que non existe ningunha razón obxetiva para o
despedimento de ditas traballadoras, posto que a adxudicación
do servizo por Defensa fixose nas mesmas condicions que tiña a
anterior empresa concesionaria.
Outra vez mais atopamonos cunha actuación da empresa entrante,
que para que se adxudique a concesión oferta a baixa, e quenes
sufren as consecuencias son as traballadoras, que por un lado son
despedidas, e as que manteñen o posto de traballo incrementaselles
a carga de traballo.
CC.OO. estima que este tipo de prácticas non poden ser consentidas
polas administracions, e neste caso polo Ministerio de Defensa, que
debe velar polo cumplimento da legalidade.
Novas relacionadas:
- A EMPRESA CONCESIONARIA DA LIMPEZA DA BRILAT E DA ESCOLA
NAVAL DE MARÍN DESPIDE A TRABALLADORAS.



