top of page

O comité de empresa de Electroquímica do Noroeste S.A., mostra a súa oposición ao acordo asinado entre a Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas ea dirección de ELNOSA-PONTEVEDRA.

 

 

O comité de empresa de Electroquímica do Noroeste S.A. (Elnosa), maioría de CC.OO., mostrou a súa oposición ao acordo asinado entre a Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas e a dirección da entidade para que o 31 de outubro de 2017 a fábrica cese a súa actividade nas actuais instalacións de Pontevedra. 

 

A empresa solicitou a renovación da autorización ambiental

econselleiro, Agustín Hernández, planteo a Elnosa que se

quería renovar a autorización ambiental integrada, asinará

un acordo comprometéndose a cesar a actividade industrial

no 2017. 

 

O presidente do comité de empresa, Jaime Iglesias de 

CC.OO., entende que a Consellería de Medio debería

facilitar a autorización ambiental integrada, sen condición

ningunha igual que o resto de empresas que están nesta 

situación e ningunha asinou un acordo deste tipo. CC.OO

denuncia que mentres que no resto de autorizacións non se estableceu un prazo, con Elnosa si se fixo.

 

ELNOSA cumpre coa normativa actual mentres non se aprobe a nova regulamentación da Comunidade Europea para electroquímica. Os trabalaldores e trabalaldoras móstranse preocupados/as porque o acordo non prasma compromisos concretos e a opción de que a empresa Elnosa teña que propoñer dúas alternativas para unha futura situación, non ofrece garantías de continuidade.

 

CC.OO. teme que este acordo sexa un convite por parte do Conselleiro Agustín Fernández, á empresa ELNOSA para que no 2017, saia de onde está e que os/jas traballadores/ás se vaian ao paro. A empresa matriz de ELNOSA, pode asumir a subministración a toda España dende a súa factoría principal en Estarreja, en Portugal, sen que lle supoña ningún problema.

 

Ante esta situación a asemblea de trabaladores/ás decidiu convocar mobilizacións de protesta.

bottom of page