OS/AS TRABALLADORES/AS DE URBASER MARÍN INICIAN AS MOBILIZACIONS EN DEFENSA DO CONVENIO COLECTIVO.
O mércores 22 DE MAIO as 13´30 horas, diante do local de URBASER-Marín. na rua Calvo Sotelo nº 110, vai ter lugar unha concentración de traballadores da empresa para reivindicar a negociación dun Convenio Colectivo xusto.
Urbaser pretende unha reducción dos salarios do 12%, o que suporía abonar no ano 2013 a contía dos salarios do ano 2007.
Os traballadores inician con esta concentración a primeira medida de mobilización, que terá continuidade con outras mais, para esixir un cambio na actitude negociadora da empresa, que pretende aproveitar a presión que supón a Reforma Laboral na negociación colectiva, para incrementar os seus beneficios empresariais e precarizar as condicions de traballo do seu plantel.
Outras novas relacionadas:
Os/as traballadores/as de Urbaser mobilizaranse polo convenio colectivo.