A Sección Sindical de CC.OO. do Concello de Marín non apoia a proposta da Alcadía en materia de persoal no marco dos orzamentos do Concello para o ano 2013.
Unha vez finalizada a longa e condicionada
negociación, e non podendo negar a
implicación da Alcaldesa de Marín, María
Ramallo, que levou persoalmente a negociación
durante unhas seis reunións, CC.OO. decidiu na
liña do acordado nas asembleas de
traballadores/as, non apoiar a proposta do
capitulo un dos orzamentos para o ano
2013. CC.OO., do mesmo xeito que fixo as
organizacións sindicais da CUT e CSIF,
respeitaron a posición acordada nas asembleas
realizadas no Concello e na Policía Local e
foron eles/elas, quen tiveron a última palabra
sobre os asuntos que lles afectan.
Dentro da Proposta, inclúese revisións salariais de determinados postos de traballo. As adecuacións retributivas propostas veñen, en algúns casos, a aumentar a desigualdade entre traballadores/as, é si ben podemos entender que certos postos poden estar deficientemente valorados, non se pode arranxar os postos que de maneira parcial acorde o Goberno local, e non se teña en consideración outras realidades existentes na plantilla municipal, é mais, a solución salarial de “algúns postos”, xeneran no global da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Marín, certas diferenzas salariais dificilmente explicábeis.
Na proposta ai puntos que CC.OO., non solo apoia, si non que ven demandando desde fai anos, pero no total da proposta se encontran cuestión de difícil encaixe como subidas salariais de 5.600 € para un posto, e equiparación salariais para outros, oa designación do Xefe de Servizo de Urbanismo, por libre designación entre funcionarios/as de outras administracións. Tampouco dotase convintemente o fondo social, e se descoñece o gasto corrente en persoal, vestiario, prevención de RR.LL. , etc.
A proposta foi apoiada pola UGT, abstención da CIG en contra CC.OO., CSIF e CUT.
