ACTO DE HOMENAXE A JOSÉ MATO.
O venres 21 de febreiro ás 11 horas tivo lugar no antigo Café Moderno na Praza de San José, de Pontevedra un acto de homenaxe a traxectoria política e sindical de quen foi ata fai poucos días o Secretario xeral da Federación de Pensionistas e Xubilados de CC.OO. en Pontevedra. Baixo o lema: "José Mato: unha vida adicada a clase obreira", CC.OO. lembrou ao compañeiro que finoi recentemente.
José Mato, responsable do Sindicato Comarcal de Pensionistas de CC.OO. de
Pontevedra, finou aos 85 anos, como consecuencia dun accidente de tráfico, cando
regresaba a Pontevedra dunha reunión de pensionistas do Sindicato, que tiver alugar
en Santiago.
Represaliado polo franquismo, tivo que exiliarse a Montevideo, regresando anos
despois a España, desenvolvendo un intenso traballo en CC.OO. en Mallorca e
formando parte do Consejo Confederal de CC.OO. Xa xubilado axuda a constituir
e dirixir o Sindicato Comarcal de Pensionistas de Pontevedra, mantendo unha
continua actividade en defensa dos sectores mais desprotexidos da sociedade ata a
súa morte. É pola súa traxectoria sindical e política, ( era membro do PCG), polo que
CC.OO. quere lembrar a un compañeiro honesto, comprometido e militante ata o final
dos seus días.
Ademais do secretario xeral de FPX-CCOO, Carlos Mella, no acto tamén interviñeron
os secretarios xerais do Sindicato Nacional de CCOO, Xosé Manuel Sánchez
Aguión; da Unión Comarcal de Pontevedra, Xosé Luís García Pedrosa; Luís Alfonso
Camiña no nome do sindicato comarcal de pensionistas; José Guirao en representación do Partido Comunista de Galicia e Charo Valcárcel Mato no nome da familia do homenaxeado.
