DATOS PERSOAIS Pilar Seoane Vázquez
É diplomada en Ciencias Empresariais, especialidade de Empresa Financeira, pola Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Lugo; máster en Xénero, Educación, Políticas de Igualdade e Liderado pola Universidade de Vigo; especialista en Relacións Laborais en Europa e Diálogo Social polo ICEI da UCM; especialista en Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes pola UCM; prevencionista de nivel superior. Especialidade de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada por ISTAS.
Funcionaria da Administración xeral do Estado, escala de Xestión de Organismos Autónomos, foi orientadora laboral desde 1989 a 1997 e desde 1997 ata a actualidade é xestorade prestacións por desemprego no SEPE de Pontevedra. Como persoal técnico do Ministerio de Traballoe Inmigración (MTIN), foi responsable do desenvolvemento de proxectos de cooperación técnica internacional entre o MTIN e ministerios do Salvador, Brasil e Honduras.
É autora de diferentes estudos, artigos e do libro Mulleres e sindicalismo. Unha análise crítica desde a experiencia, publicado pola Fundación 10 de Marzo de CCOO de Galicia, e foi relatora en diversos cursos e xornadas.
En CCOO ocupou postos de responsabilidade na sección sindical do INEM en Pontevedra e na Unión Comarca, na sección sindical do Ministerio de Emprego e SeguridadeSocial ou na antiga FSAP–CCOO. Actualmente, forma parte das comisión sexecutivas da sección sindical estatal d Ministerio de Emprego e Seguridade Social e do SAE, é vogal da executiva do S.N. de CCOO de Galicia. É membro da Subcomisión departamentalda CIVEA (ComisiónParitaria de Interpretación, Vixilancia, Estudo e Aplicación) no ministerio, así como das mesas de negociación delegadas do ministerio e do servizo público de emprego, e mais voceirade CCOO en materiade igualdade na mesa xeral de negociación da Administración xeral do Estado.
