top of page

O Conflito dá Policía Local de Sanxenxo mais preto de solucionarse.

 

 

CC.OO. único sindicato que reivindica melloras no colectivo da Policía Local de Sanxenxo, ve máis preto unha saída ao conflito. Froito da reunión coa alcaldesa, e tras comprobar que a mesma tiña un gran descoñecemento dalgúns temas que provocaron o conflito, o goberno local acorda aceptar unha das alegacións efectuadas polo colectivo policial aos orzamentos do concello, concretamente a referente á media de noites para calcular a cantidade que por ese concepto súmase ás retribucións mensuais e sitúase en 67 noites, 15 máis das que figuraban na aprobación inicial.

Para Xosé Ramón Piñeiro, responsable do sector da local de CC.OO. Pontevedra, trátase dun cambio substancial na negociación, valorado positivamente polos/as traballadores/as, aínda que explican que a subida desa porcentaxe, déixalles cobrando menos do que lles correspondería. "O executivo inicialmente rebaixou ao 50% as noites remuneradas, e agora sobe ao 30%, polo que non chegamos ao nivel de cobro que deberiamos ter", apunta Piñeiro.

CC.OO. entende que unha vez reabertas as negociacións co Concello, deberíase chegar a acordos que non só actualizen as retribucións do colectivo policial, senón que significan melloras no servizo que se presta aos/as cidadáns.

bottom of page