Mobilizacións pola defensa da calidade asistencial e as contratación dignas no Sergas.
Os/as celadoresas do CHOP
Pontevedra manifestáronse
este venres en demanda
de máis traballo e dunhas
condicións de contratación
xustas e transparentes.
A manifestación foi convocada
pola coordinadora de celadores
do Sergas e apoiada polos
sindicatos TSP y Comisións
Obreiras, é partiu as once da
mañan dende o Hospital Provincial
e finalizou no mesmo punto tras
percorrer as ruas Benito Corbal,
Blanco Porto, Cruz Gallástegui,
Sagasta, Joaquín Costa y Cobián Areal.
Escoitaronse consignas como «Non, non non, á privatización», «A pública é servizo, a privada beneficio» o «Queremos traballar, sabemos que hai traballo».
Os/as celadores/as que están recollidos nas listas de agarda dos Hospitais de Pontevedra, piden que se lles chame para traballar posto que vacantes hainas ao tempo que esixen que as condicións destes avisos sexan xustas e transparentes.
Esta foi a primeira dunha nova quenda de mobilizacións, xa que acordouse seguir mobilizándose ata que se atendan as súas demandas.
