A modificación do mapa de derivacions da Consellería de Sanidade, que obrigará a desprazarse a Compostela aos usuarios e aos familiares da sanidade pública do Área Sanitaria Norte de Pontevedra de seis especialidades médicas supón outro duro golpe a cidadanía do norte da provincia de Pontevedra, e tamén aos profesionais sanitarios do Área.
A U.C. de CC.OO. de Pontevedra rexeita estas medidas polas seguintes razons:
- Supón un incremento do custo
económico para as familias que teñen
que desprazarse para acompañar no
Hospital aos seus familiares ingresados,
e polo tanto, indirectamente, atenta contra
a gratuidade da sanidade pública.
- Deshumaniza a asistencia sanitaria pública
porque dificulta o acceso dos familiares e
amizades ás persoas que están ingresadas.
-Se institucionaliza dende a propia Xunta de
Galicia a discriminación na asistencia
sanitaria, establecendo cidadans de primeira
( que reciben a asistencia na sua propia área)
e de segunda ( quenes se teñen que desprazar).
-Consuma a descapitalización do Área Sanitaria Norte de Pontevedra, xa que vai estar dotada de menos recursos técnicos e de especialistas.
- Certifica a defunción do novo hospital público para Pontevedra, consagrando a histórica discriminación que vimos sufrindo no referente a asistencia sanitaria, xa que seremos a única área sanitaria de Galicia na que non se ten construido un novo hospital e, ademais confirma un novo incumplimento/engano dunha promesa electoral do Partido Popular.
A U.C. de CC.OO. de Pontevedra fai un chamamento a cidadanía a protestar e movilizarse unitariamente contra doutra nova medida de carácter absolutamente economicista da Xunta de Galicia, que deixa de lado as necesidades reais da cidadanía e comporta a institucionalización de galegos de primeira e galegos de segunda.
A Unión Comarcal de CC.OO. de Pontevedra rexeita as derivacións que a Conselleria de Sanidade obriga a realizar aos usuarios do Área Norte en seis especialidades médicas.
