top of page

A manifestación do 16 de xuño non

pasara a historía, como a protesta

maís numerosa das celebradas na

nosa cidade, pero sí polo feito de

que CC.OO. e U.G.T. continuan na

loita contra os recortes do goberno

de PP. Os/as manifestantes que

percorreron o centro de Pontevedra

para concentrarse despois ante a

Subdelegación do Goberno,

sumaronse aos milleiros que o

fixeron en toda Galicia nas

mobilizacións convocadas hoxe por

UGT e CCOO en defensa do emprego,

a protección social e por unha Europa

máis democrática. Estas accións enmarcáronse nunha xornada de mobilizacións organizada pola Confederación Europea de Sindicatos (CES), da que forman parte as dúas organizacións.

 
O secretario comarcal de CC.OO. Xosé Luis García Pedrosa, manifestou: "as protestas son necesarias para cambiar as políticas establecidas, sí ben os resultados das mobilizacións non se ven de maneira inmediata. Hai moito descontento, incluso en sectores amplos do PP , polas medidas de recorte que esta facendo o Goberno, pero para cambialas hai que saír á rúa. Recordou que as manifestacións convocanse para esixir unha Europa máis social e o abandono das políticas de austeridad".
 
Cando fai tres anos iniciáronse estas políticas, na UE había 24 millóns de persoas en paro, en España 4,5 millóns. Hoxe, tres anos despois, hai na UE 26,5 millóns de desempleados, 6,2 millóns españois. Europa precisa unha forte dimensión social e España e Galicia un gran consenso polo emprego. As 300.000 persoas sen emprego en Galicia, 100.000 fogares galegos con todos os membros no paro, un aumento do desemprego ata o 27% e unha insostible taxa de paro xuvenil do 60% son motivos máis que suficientes para a mobilización social. Dereitos que estaban consolidados ou que non foran atacados pola banca como as pensións, o Goberno pretende darlle agora un golpe mortal para ser substituídas por pensións privadas.
 
O goberno español e o propio Cume europeo teñen a oportunidade de atender as demandas de cambio o afondar nunhas políticas fracasadas que provocarán máis desafección cidadá e facer que Europa apareza como parte dos problemas, e non das solucións. Por esta razón, CCOO e UGT exiselle, constatado o fracaso da austeridad, o Cume europeo de xuño que debe apostar por outra política.
 
Estas alternativas pasan por defender un programa de recuperación de ámbito europeo que teña como obxectivo central o pleno emprego e o progreso económico e social. Para isto cómpre tamén pór fin aos recortes no gasto público, a protección social e os salarios, porque son inxustos, aumentan o desemprego, as desigualdades e a pobreza, e agravan a recesión.
 
Tamén é necesario un cambio de modelo produtivo, desbotando a idea de que a competitividade se baseé nos baixos salarios e nas condicións laborais precarias. Ligado con isto, esixen poñer o acento nos investimentos, para un crecemento sostible, e promover o diálogo social e a negociación colectiva. Para eses investimentos, cómpre incrementar os ingresos, para o que será preciso adoptar unha fiscalidade gradual e redistributiva sobre os ingresos e a riqueza, así como acabar cos paraísos fiscais, a evasión de impostos, a fraude fiscal, a corrupción e o traballo non declarado

 

bottom of page