top of page

ACORDO NA NEGOCIACION DO CONVENIO COLECTIVO DA RECOLLIDA DO LIXO DE MARÍN.

                     _________________________________________________________________________________________________

CC.OO. desconvoca a folga prevista para 1 de xullo.

 

Marín, a 29 de xuño de 2013. CC.OO. e URBASER 

chegamos a un preacordo para un Convenio

Colectivo de dous anos de vixencia ( 2013 e 2014 ),

que posteriormente foi refrendado pola asemblea

de traballadores con un só voto en contra.

 

Os aspectos mais importantes do acordo son os

seguintes:

          1º.- Manteñense tódolos dereitos adquiridos

do anterior Convenio Colectivo, fronte as pretensions

da empresa de suprimir unha parte déles.

          2º.- Mellorase o dereito de subrogación dos/as

traballadores/as, en caso de cambio de empresa, incluido a situación de desprivatización do servizo.

          3º.- No que respecta ós incrementos retributivos, para o ano 2013 será do 0´65%  sobre tódolos conceptos retributivos e para o ano 2014 do 0´50% sobre tódolos conceptos retributivos mais unha paga de 100 euros, ( que ven a representar outro 0´50% de incremento).

 

          Fronte as pretensions iniciais de URBASER de recortar os salarios dos traballadores nun 13% e de suprimir parte dos dereitos do anterior Convenio Colectivo os/as traballadores/as e CC.OO. consideramos positivo un acordo que só ten melloras sobre o Convenio anterior, sin ter que facer ningunha contrapartida a empresa.

          Os traballadores e CC.OO, felicitamonos pola desconvocatoria da folga, sobor de tódo polos perxuizos que a mesma causaría os/as veciños/as de Marin.      

​Outras novas relacionadas:

-Concentración dos/as traballadores/as de Urbaser-Marín ante o Concello de Marín.​

​- Os/as traballadores/as de Urbaser mobilizaranse polo convenio colectivo.​

- Os/as traballadores/as de urbaser marín inician as mobilizacions en defensa do convenio colectivo.

bottom of page